Colectivos ecoloxistas denuncian que as augas da mina de Varilongo levan metais pesados

Saída de augas da galería da Carballeira da mina de Varilongo

Foi en novembro cando a Xunta realizaba unha serie de analíticas nas augas da mina de Varilongo a raíz das denuncias de varias asociacións ambientais por unha posible contaminación por metais pesados. E non foi ata esta semana, e gracias á filtración de colectivos como Contraminacción ou Ecoloxistas en Acción que descubrimos os resultados.

Os colectivos denuncian que as analíticas amosan “evidencias visuais de precipitacións de metais pesados na Braña Ancha”, e demostran “a presenza de niveis alarmantes de metais pesados” e “unhas concentracións que superan amplamente os limites máximos que establece a lexislación” na mina subterránea de volframio e estaño, que se atopa en proceso de reactivación pola mineira australiana Rafaella Resources e súa filial Galicia Tin & Tungsten.

Aseguran que hai "altísimas concentracións de cobre, cinc e cadmio". O cadmio estaría en concentracións que superan 325 veces o máximo legalo cobre ata 145 veces e o cinc e 100 veces máis do permitido.
Unha situación que pon en perigo os terreos agrícolas en varios quilómetros, pois as augas filtran os terreos atra o rego dos Lagos.

Os colectivos non entenden a parálise da Xunta unha vez coñecidas estas analíticas.

Novas relacionadas