Colectivos ecoloxistas denuncian que as augas da mina de Varilongo levan metais pesados

Foi en novembro cando a Xunta realizaba unha serie de analíticas nas augas da mina de Varilongo a raíz das denuncias de varias asociacións ambientais por unha posible contaminación por metais pesados. E non foi ata esta semana, e gracias á filtración de colectivos como Contraminacción ou Ecoloxistas en Acción que descubrimos os resultados.
Os colectivos denuncian que as analíticas amosan “evidencias visuais de precipitacións de metais pesados na Braña Ancha”, e demostran “a presenza de niveis alarmantes de metais pesados” e “unhas concentracións que superan amplamente os limites máximos que establece a lexislación” na mina subterránea de volframio e estaño, que se atopa en proceso de reactivación pola mineira australiana Rafaella Resources e súa filial Galicia Tin & Tungsten.
Aseguran que hai "altísimas concentracións de cobre, cinc e cadmio". O cadmio estaría en concentracións que superan 325 veces o máximo legalo cobre ata 145 veces e o cinc e 100 veces máis do permitido.
Unha situación que pon en perigo os terreos agrícolas en varios quilómetros, pois as augas filtran os terreos atra o rego dos Lagos.
Os colectivos non entenden a parálise da Xunta unha vez coñecidas estas analíticas.
Novas relacionadas
- Novembro 2020: Realizan analíticas das augas da mina de Varilongo trala denuncia de asociacións ambientais.
- Novembro 2020: A minaría, real, faise oco en Varilongo.
- Outubro 2020: Na Xunta non consta ningún proxecto de Eurobattery en Castriz.
- Outubro 2020: ”É totalmente falso que Euro Battery poida explotar níquel, cobre e cobalto na Braña de Castriz”.
- Outubro 2020: Concello e Asociacións preguntan sobre as posibles catas mineiras “ilegais” do “proxecto Corcel” en Castriz.
- Xullo 2019: Santa Comba creará un Museo da Minaría.
- 2016: As minas de Barilongo de Santa Comba, un escenario de película.