Mércores. 25.11.2020
El tiempo

Na Xunta non consta ningún proxecto de Eurobattery en Castriz

O proxecto Corcel pretende situarse na zonas das Brañas de Castriz, unha zona de gran riqueza ambiental
O proxecto Corcel pretende situarse na zonas das Brañas de Castriz, unha zona de gran riqueza ambiental
Na Xunta non consta ningún proxecto de Eurobattery en Castriz

Xa o dicía a semana pasada o alcalde de Santa Comba: ”É totalmente falso que Euro Battery poida explotar níquel, cobre e cobalto na Braña de Castriz”. Hoxe, o Concello vén de informar de que o informe da Xunta respalda a posición municipal en contra do proxecto Corcel de Eurobattery na zona de Castriz.

A empresa sueca asegura ter permisos para explotar Niquel, Cobre e Cobalto na zona da “Braña da Serra” na parroquia de Castriz, pero dende o Concello xa amosaron o seu rexeitamento concreto ante este proxecto cheo de escurantismo, e que consideran unha mera comunicación especulativa para chamar a atención de posibles inversores.

A Consellería de Industria recoñece que “non consta nesta Xefatura Territorial a relación entre Euro Battery Minerals e as concesións de explotación do coñecido como grupo Mineiro Santa Comba, tampouco consta ningún proxecto nin solicitude de permiso de investigación solicitado por esta sociedade, nin tampouco consta que sexa esta compañía a que estea realizando labores de investigación”.

Para Xunta e Concello o proxecto é un “castelo de naipes”. “Euro Battery Minerals leva máis dun ano vendendo unha mentira que fixo incrementar sobremaneira a inquedanza por parte da veciñanza das parroquias de Castriz e Grixoa de Esternande en particular, e de toda Santa Santa Comba en xeral”, explican dende o Concello.

A Xunta informa ademais que “xa denegara o 3 de Xuño de 2019 unha solicitude da sociedade Corcel Minerals SL que pretendía a transmisión ó seu favor dunha parte da concesión “Carmen”, propiedade de Galicia Tin & Tungsten para a investigación de níquel, cobre e cobalto nunha zona de Castriz que se indentifica na páxina web da compañía sueca como “Castriz Prospect””. Explican que “non é posible a transmisión dunha concesión de explotación outorgada para o aproveitamento de mineral volframio e estaño coa finalidade de investigar a existencia dun recurso diferente como son o níquel, cobre e cobalto”.

O alcalde de Santa Comba quixo salientar que o concello “está e estará sempre na defensa do seu territorio e veciños, fronte as mentiras de Euro Battery Minerals e do seu entorno que, amparándose en falsedades, agora manifestas, pretende buscar inversores e facer negocio sin respectar os principios máis básicos da legalidade da minería en Galicia”. Ademais, lamenta que “estes movementos pouco serios perxudican ademais a imaxe da minería, un dos banzos fundamentais do sector primario galego, do que tamén existen exemplos de valores de responsabilidade e sostenibilidade; que se empezan a transmitir nos traballos que se están a desenvolver na mina de volframio de Varilongo, logo do impulso que lle insuflou a compañía australiana Rafaella Resources e a nova xerencia”.

NOVAS SOBRE A MINARÍA

comentarios