Luns. 27.09.2021
El tiempo

Excarceran o condutor dun vehículo que sufría un accidente na Pereira

Accidente en Santa Comba
Excarceran o condutor dun vehículo que sufría un accidente na Pereira

Este pasado xoves, ás 15:00h, un vehículo sufría unha aparatosa saída de vía e batía cun poste no punto quilométrico 62 da AC-400, no núcleo da Pereira (Santa Comba). O condutor e únio ocupante quedaba atrapado e era excarcerado polos Bombeiros.

Ao lugar tamén acodía Protección Civil, Policía Local e Garda Civil de Tráfico, e era trasladado en ambulancia ao centro hospitalario de referencia.

comentarios