Martes. 30.04.2024
El tiempo

A Illa incomunicada de Santa Comba volve pasar un mes sen teléfono nin internet

Poste da luz e internet da Illa-Santa Comba
Así está o poste da luz e internet da Illa
A Illa incomunicada de Santa Comba volve pasar un mes sen teléfono nin internet

Xa en 2019, Mari Carmen García denunciaba o estado de abandono total que sofre a súa aldea en materia de comunicación. Falamos da Illa, un lugar da parroquia xalleira de Freixeiro, a apenas 30 km da capital do país, que sofre unha e outra vez o esquecemento das administracións e das empresas responsables dun servizo tan básico e necesario como da comunicación.

Para ela, que ademais necesita o teletraballo, pasar un mes, como leva a día de hoxe, sen liña de teléfono, nin cobertura móbil, nin internet (nin sequera co módem satelital que lle entregaron a semana pasada), é un auténtico pozo. E iso que ten 4 compañías contratadas para ver cal lle pode solucionar antes o problema.

Pero a problemática é de infraestrutura. O asunto é que estes meses están cambiando o cobre por fibra en toda a aldea, polo que están cortando o cobre a varias casas. A de Mari Carmen quedou sen clavixa de cobre nin de fibra, e así esta, “esperando indefinidamente á espera de que Movistar decida aumentar a capacidade de fibra na aldea. Non sei como se atreven a estender esto no tempo”, lamenta mentres recorre á prensa á espera dunha reacción por parte da empresa.

Máis novas

Comentarios