Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A mestra xalleira Maricarmen García Ares, protagonista dunha curta sobre Violencia de Xénero

Memorando estrea
A mestra xalleira Maricarmen García Ares, protagonista dunha curta sobre Violencia de Xénero

Hoxe venres, día 16 de outubro de 2020, ás 19:30 h, o Auditorio Cinc da Cidade da Cultura acolle a estrea a curtametraxe “Memorando”, baseada no guión ganador do VI Concurso de Guións contra a Violencia de Xénero, organizado pola Deputación da Coruña.

O guión foi elaborado por tres alumnas santiaguesas do IES Lamas de Abade, as mesmas que se encargaron da rodaxe da película coa axuda dun director profesional, Omar Rabuñal. Unha das protagonistas é a súa mestra Maricarmen García Ares, natural da Illa, en Santa Comba.

Memorando evidencia unha das múltiples caras que amosa o poliedro da violencia de xénero: a violencia económica.

A través de tres personaxes que viven en distintos momentos da historia recente de Galicia, evidénciase como a muller galega tivo que sortear o poder dos homes que a rodeaban (e posiblemente a querían) para manter o seu criterio e defender as súas ideas. A protagonista, Rosa, mentres espera que lle comuniquen o resultado dunha votación crucial na súa vida, observa fotos das súas devanceiras e lembra a súas loitas que son as loitas de todas as mulleres galegas.

Despois da emisión da curtametraxe realizarase un pequeno coloquio no que as autoras responderán ás preguntas do público que desexe intervir.

Comentarios