Martes. 19.10.2021
El tiempo

As novas tecnoloxías chegan á ganadería extensiva gracias a un enxeñeiro de Santa Comba

WhatsApp Image 2021-09-01 at 09.13.38
Manuel Couto Carril
As novas tecnoloxías chegan á ganadería extensiva gracias a un enxeñeiro de Santa Comba

A modernización do rural está a ser unha realidade gracias á pericia de moitos profesionais. Como o caso dun enxeñeiro informático de Santa Comba, Manuel Couto Carril, que vén de crear un sistema que permite a monitorización e control das ganaderías extensivas.

O sistema, baseado na “Internet of Things (IoT)”, permite ás ganaderías solucións para distintos casos de uso, uns enfocados ao control e benestar dos animais: monitorización do gando, seguimiento de percorridos diarios de cada animal, detección temprana de enfermidades; e outros enfocados ao control da explotación, contando con sensores de presenza en oficinas, control da pechadura electrificada desde o teléfono móbil, así como dispositivos de última xeración que serven para monitorizar o nivel dos tanques de auga móbiles.

A plataforma informática deu o primeiro paso á fronte cando (Graduado en Ingeniería Informática) presentouno como Traballo Fin de Grado na Universidade da Coruña coa colaboración do seu director Carlos J. Escudero Cascón (Catedrático de Universidade). Traballo que posteriormente sería seleccionado pola Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación da UDC para recibir apoio no seu desenvolvemento.

En febreiro do presente ano, fíxose o primeiro despregue da aplicación nunha explotación ganadera situada en Zas, con máis dun centenar de animais en semiliberdade, que se convertería así no proxecto piloto da primeira explotación de ganadería extensiva 4.0 de Galicia.

A migración de tarefas manuais cara ás TIC conllevará o aforro de man de obra, o que reducirá considerablemente os custos de produción deste tipo de empresas e incrementará a súa competitividad no mercado. Ademais, o gandeiro poderá investir o tempo aforrado grazas á tecnoloxía, en realizar traballo produtivo á vez que verá incrementada a seguridade e confort dos seus animais.

comentarios