Novo paso para o Centro de Día de Santa Comba coa licitación das obras
Avanza a construción do Centro de Día, privado, de Santa Comba, como fai tamén o de Corcubión ante a eterna deixadez de funcións da Xunta de Galicia en materia de dependencia.
Desta volta, o Concello de Santa Comba vén de adxudicar as obras do futuro Centro de Día no edificio da Vivenda Socio-Comunitaria. Ao procedemento de licitación concorreron un total de sete empresas. Unha vez avaliadas as ofertas presentadas no marco do POS, a actuación foi adxudicada á empresa Ámbitos, Proyectos y Obras SL por un importe de 188.763,09 euros máis IVE.
A proposta seleccionada supón unha baixa económica de 31.145,90 euros respecto da cantidade máxima establecida na licitación.
A orde establece un prazo de execución das obras de 9 meses desde a súa adxudicación.