venres. 13.03.2026
El tiempo

Santa Comba dá o primeiro paso para o seu novo Centro de Día

centro-socio-comunitario-de-santa-comba_img187020t0
Imaxe das vivendas sociocomunitaria que se convertirá no Centro de Día
Santa Comba dá o primeiro paso para o seu novo Centro de Día

Aínda non está decidida como vai ser a xestión, pero o Concello de Santa Comba dá un paso moi importante para consegur ter un Centro de Día. Vén de sacar a licitación a obra de adaptación do edificio da Vivenda Socio-Comunitaria para que se convirtan no futuro Centro de Día, unha infraestrutura pensada para reforzar os servizos de atención ás persoas maiores e dependentes do municipio.

As empresas interesadas en participar neste proceso poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 6 de abril de 2026, segundo se recolle na convocatoria publicada polo Concello. O proxecto conta cun orzamento máximo de licitación de 214.503,4 euros + IVE, financiado a través dos fondos do POS adicional 2025, e establece un prazo de execución das obras de nove meses desde a súa adxudicación.

Máis novas

Comentarios