O persoal laboral fixo de Santa Comba toma posesión
Emocionante o acto de toma de posesión do personal municipal que pasa a convertirse en laboral fixo despois da OPE-Oferta Pública de Emprego 2019. Non é pouca cousa acadar un emprego estable nun concello, e de aí a emotividade vivida no acto desenvolvido no salón nobre da Casa do Pozo, coa presencia da Alcaldesa María Jose Pose Rodríguez, que completou un proceso que ela mesmo comezara no seu anterior mandato, chegando xa ao asentamento de 39 postos de traballo con esta categoría..
Neste acto tomaron posesión un total de cinco traballadores (unha coordinadora de formación, un monitor deportivo, e tres auxiliares administrativos) que forman parte dun proceso no que xa tomaron posesión con anterioridade dous auxiliares de axuda no fogar, oito oficiais de obra, once peóns de Grumir (Grupo Municipal de Intervención Rápida), tres limpadoras, catro subalternos e seis peóns de obra.