Teatro e contos para Santa Comba

16:09 30/09/20
Volve a actividade cultural pola vila xalleira. Este sábado 3 de outubro, ás 11:00h a Biblioteca Municipal acolle un contacontos musical, “Cambia o conto”, con Música Miúda, para pequenos a partir de 5 anos. Cómpre reservar entrada en biblioteca@santacomba.es, no 663729177 ou na Biblioteca.
Clases de teatro
Ademais, o Grupo Sen Cancelas Teatro comeza as Clses de Teatro e conciencia Corporal. Faranse grupos de todas a idades os luns e mércores, da man de Xan Martínez. Podes informarte no 686 14 85 12 ou no Edificio Multiusos.