Ucha Velo presenta a súa candidatura criticando as presións do PSOE
![Ucha Velo Espazo Comun](/asset/thumbnail,992,558,center,center/media/quepasanacosta/images/2023/04/05/2023040507590831222.jpg)
Era un segredo a voces, pero coincidindo coa apertura do prazo para a presentación das listas, Jose Antonio Ucha Velo vén de anunciar a súa candidatura á alcaldía de Santa Comba baixo as siglas de Espazo Común.
O ex socialista, lanza a súa candidatura cunha grave crítica aos seus excompañeiros, acusándoos de “ameazas e coaccións aos membros” da súa lista. Critica o intento de “difamar e calumniar” polas redes e en medios afíns, “xente que pide concordia mentres remexen no avespeiro”.
”Como pode alguén mentir adrede faltando á súa propia dignidade como persoa?, ou seica quen é político deixa de ser persoa?”, reflexiona Ucha nas súas redes. “Non creo que exista un universo paralelo polo que debamos comportarnos dunha determinada forma en política e simultaneamente doutra na vida persoal. O exercicio dun cargo político e a vivencia da vida cotiá ou persoal non poden ter códigos de conduta distintos”.