Luns. 29.04.2024
El tiempo

A Vía Céltica, a cabalo

Christian Marzoa Villar fai a Via Celtica en cabalo
Christian Marzoa Villar
A Vía Céltica, a cabalo

Espectacular a iniciativa que vai realizar Christian Marzoa Villar para visibilizar os tesoros naturais e patrimoniais da Vía Céltica. O xallero vai completar, a cabalo, o percorrido desta vía xacobea impulsada dende a sociedade civil de Santa Comba, dende a Asociación Costa Vales, co apoio, relativo, das administracións.

Unirá así, montado nos seus amigos Zoe e Cantelar, os portos mariños da nosa Costa da Morte, con Santiago de Compostela, e irá gravando con drons a traxectoria para darlle visibilidade nas redes.

Pasará por Laxe, Ponteceso, Corme, Barizo, Malpica, Caión: por Fisterra, Muxía, Cereixo, Ponte do Porto e Camarilas, para dar conta da beleza deste camiño.

Máis novas da Vía Céltica

Comentarios