A Vía Céltica pide o recoñecemento oficial da Xunta

A Vía Céltica ao seu paso por Toba
  • A Asociación Costavales estrea nova web do Camiño peregrino

Xa co recoñecemento oficial da Igrexa, a Asociación Costavales, gran promotora da recuperación e posta en valor da Vía Céltica, vén de solicitar formalmente perante a Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta o recoñcemento como “Camiño histórico de peregrinación a Santiago”.

A entidade presentou unha manchea de evidencias históricas recollidas no seu libro.

Nova web

Mentres, o Camiño estrea web gracias ao empeño da asociación e a colaboración do Concello de Santa Comba. viaceltica.com ofrécenos a posibilidade de coñecer o itinerario, as historias máis singulares, así como descubrir os aloxamentos e servizos necesarios. Un paso fundamental para a súa promoción internacional.

Este é o mapa da Vía:

Novas relacionadas