A Vía Céltica pide o recoñecemento oficial da Xunta
- A Asociación Costavales estrea nova web do Camiño peregrino

12:08 12/05/22
Xa co recoñecemento oficial da Igrexa, a Asociación Costavales, gran promotora da recuperación e posta en valor da Vía Céltica, vén de solicitar formalmente perante a Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta o recoñcemento como “Camiño histórico de peregrinación a Santiago”.
A entidade presentou unha manchea de evidencias históricas recollidas no seu libro.
Nova web
Mentres, o Camiño estrea web gracias ao empeño da asociación e a colaboración do Concello de Santa Comba. viaceltica.com ofrécenos a posibilidade de coñecer o itinerario, as historias máis singulares, así como descubrir os aloxamentos e servizos necesarios. Un paso fundamental para a súa promoción internacional.
Este é o mapa da Vía: