Venres. 19.04.2024
El tiempo

A “Vía Céltica” xa é Camiño oficial de peregrinación

Membros de Costavales coa Via Celtica en Compsotela
A “Vía Céltica” xa é Camiño oficial de peregrinación

Apenas pasaron 2 meses dende a súa presentación oficial e a Vía Céltica xa ten o recoñecemento oficial como Vía Xacobea. A promotora, a Asociaciñon Costavales conseguiu que a Catedral de Santiago recoñeza oficialmente o histórico camiño de peregrinación a Santiago desde os portos da Costa da Morte e de Bergantiños pasando por Portomouro.

Unha fantástica nova para o Arcipreste de Céltigos, Eduardo Prado Albaredo, e o Presidente da Asociación Costavales, Manuel Amigo Ferreiro, despois das reunións mantidas nas últimas semanas nas que presentaron todas as evidencias recollidas no libro “Vía Céltica: Os camiños de Santiago por Santa Comba”, obra de André Pena Graña e Joám Evans Pim, e que se ratificaron coa confirmación do Coengo Delegado de Peregrinacións do Cabildo da Catedral, Segundo Pérez López.

As rutas

Como explica detalladamente a obra xa publicada, a Vía Céltica ten un tramo común entre Santa María de Paramos (Val do Dubra) e Santiago de Compostela (de 20 km), superando o río Tambre a través da ponte de Porto Mouro, e dous grandes ramais dende onde se poderán sacar a "Compostela":

  • O camiño marítimo desde os portos de Bergantiños, que chega a Paramos desde os portos de Laxe, Ponteceso, Corme, Barizo, Malpica e Caión; 
  • O camiño marítimo desde a ría de Camariñas e Muxía, que chega a Paramos desde os portos de Camariñas, Ponte do Porto, Santiago de Cereixo e Muxía, cunha variante que sigue os pasos da Translatio por Fisterra, Corcubión e Cee.

Ademais, poderán percorrer a Vía Céltica por apenas un dos ramais para obter a Compostela aqueles peregrinos que cheguen a calquera deste portos por vía marítima e teñan navegado a vela un mínimo de 100 millas náuticas ou aqueles que acrediten ter realizado a distancia restante para completar os 100 km en itinerarios xacobeos recoñecidos nos seus países de orixe antes do inicio do camiño desde os referidos portos.

Próximas accións

"Ábrese agora unha gran oportunidade para dinamizar os concellos implicados", sinala Manuel Amigo, facendo unha chamada ás administracións. Apunta admeais que Costavales está xa traballando na elaboración dun mapa detallado e guías e anuncian que en breve serán tramitados coa mesma Oficina de Acollida do Peregrino a expedición dos primeiros selos para os puntos de paso, que os peregrinos poderán facer constar tanto nas súas credenciais tradicionais en papel ou mediante códigos QR nas credenciais electrónicas. Os primeiros selos estarán dispoñibles en establecementos comerciais de Santa Comba.

Novas relacionadas

Comentarios