Sábado. 27.07.2024
El tiempo

Satisfacción na Asociación Costavales ante a boa acollida da presentación da Vía Céltica Xacobea

Presentacion da Via Celtica 2
Joan Evans presentando a Vía Céltica
Satisfacción na Asociación Costavales ante a boa acollida da presentación da Vía Céltica Xacobea

Coñecíamos hai apenas 10 días a Vía Céltica, o Camiño de Santiago que atravesa o altiplano do Xallas. Onte tivo lugar a súa presentación oficial no Museo das Peregrinacións e de Santiago. A comprometida Asociación Costavales de Santa Comba convocaba aos 19 rexedores polos que pasa esta vía xacobea, e a acollida non foi nada mala.

Acodiron representantes dos Concellos de Ames, Zas, Vimianzo, Laxe, A Laracha, Coristanco, Ponteceso, Malpica, Cabana de Bergantiños, Cee, Val do Dubra, Camariñas e Santa Comba,... para escoitar aos autores do libro "Via Céltica: Os Camiños de Santiago por Santa Comba”, que pon no mapa esta vía.

Presentacion da Via Celtica

Joan Evans fixo unha presentación impecable resaltando os puntos fortes que reforzan “a xacobeidade” destes itinerarios. Os asistentes disiparon moitas dúbidas e escoitaron como poden ser os seguintes pasos para conseguir a oficialización do Camiño Xacobeo.

Os asistentes levaron unha copua do libro e unhas moedas conmemorativas.

Novas relacionadas

Comentarios