Martes. 23.04.2024
El tiempo

A Vía Céltica, o Camiño de Santiago que atravesa o altiplano do Xallas

Camino de Santiago poe Santa Comba en Romar
Foto do Camiño xalleiro por Romar
A Vía Céltica, o Camiño de Santiago que atravesa o altiplano do Xallas

A prórroga do Ano Xacobeo estanos deixando novidades arredor das rutas Xacobeas. Ademais da variante Fisterra-Muxía, estes anos vanse recuperando a Uruta pola Ría de Muros e Noia, o Camiño por Brandomil ou mesmo a nova vía Xacobea do Camiño da Resurrección. Ademais, da posta no centro do estudo da Translatio de Cereixo, a iconografía en pedra máis antiga que se coñece.

Pero dende 2016, empresarios e membros de diferentes asociacións de Santa Comba levan roendo na historia para recuperar o que consideran o “Camiño que vertebra toda a Costa da Morte”. De feito, son 19 os Concellos que forman parte desta ruta xacobea (entre eles os das comarcas de Bergantiños, Soneira e Fisterra), e os seus representantes xa están convocados á primeira reunión oficial o vindeiro día 23.

Todo parte da Asociación Costavales de Santa Comba, que encargou diferentes estudos a varios especialitas para analizar algo que xa sabían polas terras de Xallas (as dúas vieiras do escudo de armas municipal así o corroboran) dende hai anos pero que querían corroborar. Os escollidos foron Joám Evans Pim e André Pena Granha, que veñen de sacar á luz o libro “Vía Céltica, Os Camiños de Santiago por Santa Comba”, xa dispoñible na rede e pronto nas librarías, coa imaxe da Translatio como portada.

Libro Via Celtica Caminos de Santa Comba

O letreiro gravado en pedra (o "altorrelieve") do Hospital de Peregrinos de Carboeiro e outras evidencias provocaron que os autores se decidisen finalmente a abordar esta recuperación da memoria histórica dese itinerario posxacobeo polas Terras de Célticos que permite a prolongación da peregrinación xacobea até os santuarios de Fisterra e Muxía, e que tamén recolle unha serie de camiños marítimos desde os portos do norte da bisbarra.

Os autores valoran que “a oficialización a mediados dos anos 1990 dun camiño do sur para Fisterra relegou a un desmerecido esquecemento a vía natural e, como desvela este pequeno libro, tamén histórica e xacobea, do norte. A que, ligando Santiago coa costa a través da ponte de Portomouro e o altiplano do Xallas, presenta a quen a percorre un patrimonio e paisaxes únicas que nos levan de volta para o tempo das primeiras peregrinacións”, sinalan na sinopse.

Xentes cercanas ao proxecto aseguran que o Camiño, que xa ten un mapeado inicial e mesmo é transitable.ao 99%, é “alucinante”, é “como un museo” e “sínteste como no século XII”.

Xa podes solicitar o libro online aquí.

Novas dos Camiños

Comentarios