![A "mostra de artesanía viva" atrae a máis de 20.000 visitantes ó ano]()
A "mostra de artesanía viva" atrae a máis de 20.000 visitantes ao ano
O alcalde do
concello de Vimianzo,
Manuel Antelo, e o deputado de Cultura, Turismo e Patrimonio histórico-artístico,
Xosé Regueira, asinaron onte un convenio para o mantemento da Mostra de Artesanía en vivo do Castelo de Vimianzo.
![Xosé Regueira e Manuel Antelo asinero un convenio de colaboración para manter a "Mostra de artesanía viva" no Castelo de Vimianzo]()
Xosé Regueira e Manuel Antelo asinaron un convenio de colaboración para manter a "Mostra de artesanía viva" no Castelo de Vimianzo
En total, a Deputación destina
70.000 euros para a realización de actividades de carácter turístico e cultural na fortaleza vimiancesa co fin de que o monumento sexa un lugar vivo e activo. Entre outras accións, o convenio entre ambas as administracións inclúe a realización de exposicións ao vivo de artesanía, visitas guiadas, roteiros a pé polo val de Vimianzo, visitas teatralizadas,
coaching ou a posta en valor da riqueza artesanal.
As persoas que visitan o Castelo de Vimianzo poden asistir a demostracións en vivo da elaboración de distintos produtos, xoiería, olería, maquetas de barcos, cestos, creacións en vidro, encaixe de Camariñas e liño.
As distintas actividades de dinamización que se desenvolven durante todo o ano na fortaleza fan dela un referente turístico a nivel comarcal. Durante o que vai de ano vistárona máis de
20.000 persoas.
Por outra parte, durante a xuntanza Xosé Regueira e Manuel Antelo avanzaron as posibles vías para a
transferencia do Castelo que forma parte do patrimonio da Deputación da Coruña.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.gal)
- Concello de Vimianzo