![Vermella de Vimianzo impartiu talleres de sensibilización en sete centros de educación secundaria]()
Durante o 2015 a Cruz Vermella de Vimianzo impartiu talleres de sensibilización en sete centros de educación secundaria
Precisamente nuns días nos que se fala tanto do acoso escolar é de agradecer o grande traballo de sensibilización que realizar distintas entidades. Precisamente,
Cruz Vermella de Vimianzo fixo onte balance do 2015 e as cifras non están nada mal. Durante o pasado ano, os voluntarios e voluntarias visitaron
sete centros de ensino secundario ubicados na comarca de Soneira, Santiago e Boiro nos que realizaron outros tantos talleres de prevención de conductas violentas.
En total foron máis de 250 os alumnos e alumnas que participaron nas
charlas de sensibilización onde traballaron temas como os diferentes tipos de acoso, as partes que forman o conflicto, pautas positivas, consecuencias que acarrea, posibles sancións... incidindo especialmente no acoso a través das redes sociais.
“O acoso escolar é un problema social e debemos implicarnos todas as persoas: os medios de comunicación, as actitudes que se transmiten no deporte, as ampas e familias e un longo etc", insiste Fátima García, traballadora social da entidade.
A ONG ademais dos talleres educativos nos centros escolares, fomenta unha educación en valores nos diferentes proxectos que leva a cabo, como é o caso dos nenos e nenas que acuden a apoio escolar e, nalgúns casos, coas familias usuarias.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.gal)
- Cruz Vermella Vimianzo