A LOMCE a debate en Vimianzo

Continúa a Federación de ANPAS da Costa da Morte na loita contra a xa aprobada LOMCE. Conscientes que teñen que seguir informando á comunidade educativa continúan co seu programa de charlas "A LOMCE a debate". Xa teñen estado por numerosos lugares da bisbarra e o vindeiro vindeiro acto será en Vimianzo, o venres 24 de maio ás 21:00 horas, no Auditorio da Casa da Cultura, nunha cita organizada pola Anpa San Vicenzo de Vimianzo e a propia Fedanpa, integrante da Plataforma Galega en defensa do Ensino Público, convocante da A histórica folga do ensino ao completo do pasado 10 de maio.

I é queo Ministerio anuncia que vai intentar financiar parte dese proxecto con fondos europeos. Ou sexa, "conseguir entre un 50% e un 60% dos custos directos desta lei reaccionaria, sacándoos doutras partidas necesarias para a sociedade", entenden dende a Fedanpa.

Lembran tamén "que neste proxecto de lei a materia de Relixión volverá ser computable e terá o mesmo tratamento que Matemáticas, contará para a nota media, para a obtención de becas e a efectos de repetición de curso".

Todo isto, a debate este venres 24 de maio ás 21:00 horas, no Auditorio da Casa da cultura de Vimianzo.

Novas relacionadas

Fonte