Venres. 29.03.2024
El tiempo

Peche costeiro contra a reforma e os recortes en educación

Peche costeiro contra a reforma e os recortes en educación
PEche contra a LOMCE no IES Alfredo Branas de Carballo-Foto- Suso Bermello

Se xa o diciamos o luns, que está a Costa da Morte máis guerilleira que nunca. O domingo as rúas de Carballo eran tomadas por veciños que protestaron contra as Preferentes e contra a mina de ouro de Corcoesto. O luns a loita ía en clave educativa, e foron os pais, nais e alumnos da Federación de ANPAS da Costa da Morte a que protagonizaron un simbólico peche en contra da LOMCE e os recortes en educación. Por un Ensino Público de calidade, vaia.

Deste xeito, nais, pais, alumnado, anpas, representantes de CIG-Ensino e profesorado participamos o luns no "Peche Educativo contra a LOMCE e os recortes en educación". Foi unha das moitas xornadas prantexadas por toda Galicia convocadas pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, ante o que consideran "unha lei anti – educativa, involucionista, regresiva, agresiva, antidemocrática, recentralizadora, españolizadora, elitista, clasista, mercantilista e reaccionaria que a comunidade escolar da Costa da Morte, representada pola Federación de ANPAs da comarca, rexeitamos na súa totalidade".

A comunidade educativa contra a LOMCE-Fotos- Suso Bermello As alusions a Wert foron continuadas-Foto-Suso Bermello

O primeiro foi unha concentración – manifestación, realizada no exterior do IES Alfredo Brañas de Carballo, para despois realizar unha mesa redonda no salón de actos do instituto, onde toda a comunidade educativa coincidiu en que "a LOMCE prexudicará notablemente ao ensino público, impedíndolle á maioría social do noso país o acceso aos estudos pos- obrigatorios".

A protesta rematou polas 9 e media da mañá, un pouco antes do comezo das clases.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios