Venres. 19.04.2024
El tiempo

Arranca o Vimiverán con 80 participantes

Arranca o Vimiverán con 80 participantes
Oitenta nenos e nenas participan no campamento Vimiveran organizado polo concello vimiances Oitenta nenos e nenas participan no campamento Vimiverán organizado polo concello vimiancés Non haberá tempo para o aburrimento ao longo de toda esta semana para os 80 nenos e nenas que participan no campamento Vimiverán, organizado polo concello vimiancés e que se enmarca no programa de actividades deportivas e culturais do estío. Hípica, unha andaina polos penedos de Pasarela, unha viaxe ao Ecoparque de Marín, acampada nocturna,... son algunhas das actividades que teñen preparadas para os máis pequenos. Manuel Antelo e Marta Rey recibiron aos participantes do Vimiveran Manuel Antelo e Marta Rey recibiron aos participantes do Vimiverán Precisamente na mañá de onte, o alcalde de Vimianzo - Manuel Antelo - e a concelleira de Cultura, Deporte e Mocidade - Marta Rey - déronlle a benvida aos participantes. E tras a recepción oficial, xa se puxeron mans á obra coa realización dun marco de fotos. A xornada rematou cun refrescante baño na piscina municipal. De campamento a Naturmaz Tamén dende hoxe e ata o xoves, nenos e nenas do concello de Zas participan no campamento en Naturmaz. Entre outras actividades, farán escalada, paintball, circuíto multiaventura, rappel e tiro con arco. Esta tamén é unha das actividades da programación para este verán ofertada polo concello de Zas. Novas relacionadas Fonte  

Comentarios