Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Chema Rei levounos de viaxe entre a Galiza ideal de Castelao e a Galicia franquista

Chema Rei levounos de viaxe entre a Galiza ideal de Castelao e a Galicia franquista
Chema Rei presentando o seu libro sobre Perfecto Lopez Chema Rei presentando o seu libro sobre Perfecto Lopez Moi boa acollida tivo Chema Rei na presentación do seu libro “Perfecto López, un vimiancés na Galiza Ideal”. O baiés quixo recuperar a vida deste vimiancés, nado na Toxa pero do lugar da Valiña, que formou parte do grupo selecto de galegos que financiaron a vida de Castelao para este que puidese dedicarse á súa labor política e social. Acompañado do alcalde de Vimianzo Manuel Antelo, a sala da Casa da Cultura presentaba un fantástico aspecto este pasado martes para a presentación, que Chema acompañou con numeroso material gráfico. Explicou que leva máis de 10 anos con este traballo, que comezou recollendo información dunha homenaxe organizada en 2002 por Roberto Mouro. Manuel Antelo fixo unha presentación bastante longa sobre este persoeiro pola súa vinculación con Vimianzo e co galeguismo. Lembraba el mesmo que pola zona moita xente sabía que foi unha persoa moi rica pero ninguén sabía que as súas viaxes cada dous anos eran realmente para traer recados entre a Galiza ideal de Castelao a a Galicia franquista. Manuel Antelo acompanando a Chema Rei na presentacion do libro de Perfecto Lopez Manuel Antelo acompañando a Chema Rei na presentación do libro de Perfecto Lopez Chema, que xa nos contara parte da vida deste singular personaxe, levou ao auditorio de viaxe pola Arxentina dos anos 20-30, percorrendo as paradas que fixo o Tato da Valiña. Paradas que o convertiron nun multimillonario do sector do automóbil, en director do prestixiso xornal ABC de Corcubión, para despois dedicarse á causa galega fronte ao franquismo. O Concello de Vimianzo aproveitou a ocasión e regalou un exemplar do libro a cada un dos presentes para que a figura de Perfecto López chegue a máis casas. https://www.facebook.com/quepasanacosta/videos/260161388176663/?t=48

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/chema-rei-recupera-nun-libro-a-vida-de-perfecto-lopez-o-mecenas-de-castelao/

Comentarios