Venres. 23.10.2020
El tiempo

Comezan as obras para que a ETAP de Vimianzo non necesite bombeo

Comezan as obras para que a ETAP de Vimianzo non necesite bombeo

Este mércores comezan as obras para cambiar ubicación das instalacións de tratamento de auga potable, ETAP, de Vimianzo. O Concello, cun investimento de 104.583,55 euros, financiado con cargo á segunda fase do POS Adicional da Deputación Provincial da Coruña, pretende mellorar o sistema de abastecemeto de auga, para evitar unbombeo innecesario.

Deste xeito, a nave do tratamento de augas subirase a unha zona de cota máis alta, preto do depósito de augas, de xeito que o funcionamento sexa por gravidade, sen necesidade de bombeo, realizando ademais a instalación nun único lugar.

comentarios