As Curandeiras fixeron vibrar todo Vimianzo coa súa batukada contra a violencia de xénero

Curandeiras de Vimianzo coas pancartas do 25N

Unha das accións máis singulares deste Día Internacional contra a Violencia de Xénero deuse este sábado en Vimianzo. Foi a primeira vez que as Curandeiras de Vimianzo convocaban o acto principal polo 25N e a resposta foi completa, cunha batukada en toda regra polas rúas da capital soneirá.

A Asociación feminista, unha das participantes na Terturlia Violeta de QPC na radiONeria quixo denunciar así e “alzar as nosas voces en contra de todas as violencias as que nos enfrontamos as mulleres”. Certo que non axudou o tempo, e que lles tivese gustado algo máis de participación veciñal, pero as accións sociais na Costa da Morte son, na meirande parte dos casos, así.

Todo o centro da vila escoitaron os tambores e as consignas feministas das Curandeiras que fixeron un pequeno recorrido dende a casa de cultura ata a Praza do Concello acompañando pancartas e piruletas dando visibilidade á loita. Especial emoción tivo o manifesto ds Curandeiras lido por Maria Rosario Regueira Cereijo, a autora que previamente participara no club de lectura arredor da obra “Compañeira, non serva”, e tamén no Obradoiro de pancartas.


Maria Rosario Regueira Cereijo no Club de Lectura ds Curandeiras de Vimianzo

Tamén houbo unha pequena pero emotiva, a pesar dos problemas co son, actuación do alumnado de iniciación as artes escénicas do instituto Terra de Soneira coa "Historia de Pepe e Pepa”, que serve para detectar a violencia de xénero en adolescentes.

Este luns, toca chamada municipal, que convoca a concentración ás 12 de mañá na praza do Concello.

 


Foto das Curandeiras de Rberto Rúa

O propio luns 25 de novembro en Cee, Carnota, Malpica, Vimianzo…

Os actos continuarán este luns 25 de novembro en diferentes lugares. Por exemplo, en Cee, onde o Concello convoca unha concentración matinal, ás 12:00h na Casa de Cultura coa comunidade escolar, e a Organización feminista Buserana convoca unha concentración o lema "Se é machista, non é xustiza” ás 20:30h na Praza 8 de marzo.

Tamén en Carnota hai actividades, primeiramente nas escolas, pero tamén co obradoiro “Elas Muralistas, e ca concentración das 20:00h que convoca a Asociación SonLilá.

Vimianzo, despois da batukada ds Curandeiras, fará tamén unha concentración convocada polo Concello ás 12:00h, Está previsto formar un “xigantesco lazo de cor violeta rodeado dun cadrado de cor negra”.

O Concello de Malpica programa para este 25N unha concentración ás 12:00 horas na praza Anselmo Villar Amigo.

Novas relacionadas