Mércores. 11.12.2019
El tiempo

A Curandeiras de Vimianzo organizan unha batuacada e outras actividades polo 25N

A Curandeiras de Vimianzo organizan unha batuacada e outras actividades polo 25N

A Asociación Feminista As Curandeiras de Vimianzo convoca polo Día Internacional Contra a Violencia de Xénero unha concentración este sábado, 23 de novembro, ás 19:00 na Praza do Concello de Vimianzo na que farán lectura do manifesto e terán a súa xa habitual Batucada. Ademáis, realizarase a representación de "A historia de Pepe e Pepa", unha colaboración do Grupo de Artes Escénicas do I.E.S. Terra de Soneira.

Durante ese mesmo día tamén ofrecerán outras actividades  abertas ao público na Sala de Conferencias:

  • Ás 11 horas realizarán un taller de pancartas 
  • Posteriormente, ás 17:00 horas, celebrarase o club de lectura "Compañeira, non serva", que contará coa visita da autora María Rosaio Regueiro Cereijo.

Dende As Curandeiras animan a todas a participar e alzar a tua voz ante todas as violencia machistas.

Comentarios