Venres. 19.04.2024
El tiempo

A comunidade escolar de Carnota e Louro implícase na loita contra as violencias

Contra as Violencias de xenero educacion
A comunidade escolar de Carnota e Louro implícase na loita contra as violencias

Cando dicimos que a igualdade está no centro do debate da sociedade carnotá é por cousas como as que pasan estes días nos centros de ensino. A comunidade escolar está artellando unha serie de intervencións educativas específicas dirixidas ás primeiras idades, varios centros educativos da contorna. Ademais, vai contar coa Asociación SonLilá para o seu desenvolvemento

O alumnado do CEIP de Carnota, O Pindo e Louro recibirán diferentes accións de sensibilización fronte á violencia de xénero, como poden ser lecturas dunha selección de obras infantís que rompen os roles tradicionais de xénero, desmontan os estereotipos e ofrecen modelos e referentes simbólicos de roles diferentes a nenas e nenos.

A entidade convida a tods as familias a participar nas lecturtas para que as accións repercutan en toda a comunidade escolar.

O CEIP de Carnota recibirá tamén a visita do sociólogo Jorge García Marín, secretario do centro de investigacións feministas da USC e especializado na análise dos modelos de masculinidade. Preténdese, na charla con Marín, ofrecer referentes masculinos feministas e modelos alternativos de masculinidade. Tralo ciclo lecturas, preto xa do 25N, levaranse a cabo talleres de elaboración de faixas/pancartas coas demandas de nenas e nenos a familias, docentes e sociedade en xeral reivindicando unha crianza, educación e oportunidades igualitarias.

Elas Muralistas

En clave de xénero, o Concello tamén está a promover un completo programa de igualdade. 7H Cooperativa Cultural, prepara xa o obradoiro de arte urbana feminista "Elas, muralistas", que se desenvolverá o luns 25 de novembro, de 16:00 a 20:00h, no Pavillón de Carnota, e no que poden participar todas as mulleres, maiores de 13 anos, que o desexen.

Poden inscribirse no Departamento de Servizos Sociais do Concello de Carnota a través do teléfono 981 857 032 (extensión 2).

O proxecto Elas Muralistas ven a Carnota
O proxecto Elas Muralistas chega a Carnota

ARTIGOS DE SONLILÁ EN QPC

Novas relacionadas

Comentarios