Detido un carballés como presunto autor do roubo na xoiería de Vimianzo

Imaxe da Garda Civil ás portas da xoiería de Vimianzo durante o roubo do mes de maio

Apenas unha semana despois do segundo na xoiería de Vimianzo, o Equipo Territorial de Policía Xudicial da Garda Civil da Compañía de Carballo en colaboración coa Garda Civil do Posto Principal de Carballo, non tardou en actuar e detivo a un veciño carballés, como presunto autor dun delito hurto.

As cámaras instaladas na xoiería e a investigación das forzas do orde, que recolleu vestixios que foron “analizados meticulosamente” polos compoñentes do ETPJ, conduciron á filiación do presunto autor. Falamos dun roubo valorado nuns 80.000€, cunha metodoloxía tan simple como chegar, preguntar á dependienta por unha serie de xoias, tirar da manta que as contén e saír correndo cun coche esperando á porta.

O detido pasou a disposición do Xulgado de Instrución Número 1 de Corcubión.

Novas relacionadas