Detido un carballés como presunto autor do roubo na xoiería de Vimianzo
Apenas unha semana despois do segundo na xoiería de Vimianzo, o Equipo Territorial de Policía Xudicial da Garda Civil da Compañía de Carballo en colaboración coa Garda Civil do Posto Principal de Carballo, non tardou en actuar e detivo a un veciño carballés, como presunto autor dun delito hurto.
As cámaras instaladas na xoiería e a investigación das forzas do orde, que recolleu vestixios que foron “analizados meticulosamente” polos compoñentes do ETPJ, conduciron á filiación do presunto autor. Falamos dun roubo valorado nuns 80.000€, cunha metodoloxía tan simple como chegar, preguntar á dependienta por unha serie de xoias, tirar da manta que as contén e saír correndo cun coche esperando á porta.
O detido pasou a disposición do Xulgado de Instrución Número 1 de Corcubión.
Novas relacionadas
- 18-01-19: Rouban, por segunda vez este ano, na xoiería de Vimianzo.
- Maio 2019: Roubo en Vimianzo.