Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A feira de Vimianzo volve ao seu sitio

Feira de Vimianzo 2
A feira de Vimianzo volve ao seu sitio

Xa avisaron durante toda a desescalada que a ubicación da feira dos xoves de Vimianzo arredor da casa da Cultura era provisional. Hoxe, o Concello de Vimianzo anuncia que este xoves 1 de outubro, a feira á súa situación orixinal nas rúas Castelao, Antonio Vázquez Mozo, Vilar, Curros Enríquez e Candil.

“Desde o Concello sabemos que debemos adaptarnos en todo momento á evolución da crise sanitaria, e polo tanto a situación da feira ou de calquera acto vai depender do contexto no que esteamos, actuando sempre coa finalidade de garantir a seguridade dos nosos veciños e veciñas”, destaca a alcaldesa do municipio, Mónica Rodríguez.

Lembran a importancia de seguir mantendo a distancia, e tamén que se activa a prohibición de estacionar, carga e descarga e demais ocupacións da calzada nas rúas onde se celebrará o mercado os xoves en horario de 08:00 a 15:00 h.

Comentarios