Isabela II: a nova mina que ameaza terreos de Coristanco, Santa Comba, Vimianzo e Zas
11:19 22/01/16
a Mina Isabela II afectaría aos terreos que se someteran a investigación mineira estan situados nos concellos de Coristanco, Santa Comba, Vimianzo e Zas
A asociación ecoloxista Petón do Lobo vén de poñer a voz de alarma sobre un novo tema ambiental que afecta a varios concellos da Costa da Morte; concretamente aos de Coristanco, Santa Comba, Vimianzo e Zas.
O pasado venres 15 de xaneiro, saía e exposición pública o permiso de investigación mineira Isabela II que afecta aos concellos sinalados, especialmente ao zasense, pois inluiría ademais o núcleo urbán. Isto é, a aprobación de novos permisos para facer catas e exploracións en varios do territorio para analizar se hai recursos mineiros interesantes para explotar.
Así o recolle o DOG do día 15 tras a resolusión da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña. A sociedade Grupo M-FM 2001, S.L. con sede en Madrid, solicitou dito permiso aló polo mes de xuño de 2011 (cunha solcitude previa en 2004). Pouco información hai na rede sobre dita empresa mais chama a atención o epígrafe 4110 do seu CNAE - Clasificación Nacional de Actividades Económicas - que se corresponde coa "Promoción inmobiliaria".
Dende a data de publicación do DOG, hai un prazo de 30 días hábiles para presentar alegacións. Pola súa banda, os membros da asociación Petón do Lobo indican que "están traballando no tema", sobre todo centrándose na afectación ao patrimonio natural. Destacan que ocuparía máis de 4.000 hectáreas, o que semella unha superficie moi grande tendo en conta que a mina de Corcoesto estaba prevista para 800.
Dende o Concello de Zas está analizando o proxecto e a normativa, pensando xa nas posibles alegacións, e en que se manteña informados aos veciños afectados. En todo caso, e malia que non saben aínda onde se van facer as catas, consideran que malia que o terreo inicialmente aprobado para as investigacións é moi grande, calquera clase de explotación non afectaría a tanto territorio.
Novas relacionadas
- Petón do Lobo presenta sinaturas para tratar sobre os dereitos mineiros de Corcoesto no PXOM de Cabana.
- A Xunta determina a perda definitiva dos dereitos mineiros de Corcoesto por parte de Edgewater
- As batatas, as novas inquilinas dos terreos da fallida mina de ouro de Corcoesto.
- Unha reflexión sobre a loita social bergantiñá na documental Tesouro de Corcoesto.
- 07-01-15: A empresa canadense Edgewater perdeu os dereitos mineiros de Corcoesto (e toda a historia).
- Redacción QPC ([email protected])
- Petón do Lobo