Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O Batansiño de Servia xa traballa no Mosquetín

O Batansiño de Servia xa traballa no Mosquetín
Inaugurando o Batansino de Servia nos Batans do Mosquetin 2 Inaugurando o Batansiño de Serviá nos Batáns do Mosquetín

E chegou. 18 anos despois, o Batanciño de Servia puido chegar ao seu destino. Este pasado sábado foi estreada no Conxunto Etnográfico dos Batáns do Mosquetín a maqueta que a familia Ces Ces de Lousame doara á Deputación da Coruña en 1999.

O responsable da área de Patrimonio da Deputación, Xesús Soto, entregou a maqueta para que se instale no que considerou o seu “espazo natural”, nunha xornada moi emotiva. O alcalde Manuel Antelo, o presidente do Semescom Xosé María Lema Suárez (que precisamente nos contaba a peripecia histórica do Batansiño), o responsable do conxunto Moncho Gándara, ou o guía local, Manuel Rial, participaron nesta estrea.

Manolo Rial explicando a historia do Batansiño Manolo Rial explicando a historia do Batansiño

Ademais de repasar a historia do coñecido Batansiño, concello e Deputación valoraron a colaboración en prol da posta en valor do patrimonio cultural, lembrando ademais que neste mes de febreiro aprobarase o Convenio de colaboración para a Xestión do Castelo e os Batáns.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios