Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Castelo de Vimianzo será escenario na nova temada da afamada serie "Xogo de Tronos"

O Castelo de Vimianzo será escenario na nova temada da afamada serie "Xogo de Tronos"
A vila da Costa da Morte preparase para estar á altura das circunstancias e agarda ver incrementado o seu número de visitantes nos próximos meses. game-of-thrones-season-77-1 Sorpresa e moita emoción é o que se respira estes días en Vimianzo (A Coruña) A confirmación do lugar como un dos escenarios escollidos na presente rodaxe da exitosa serie “Xogo de Tronos” foi recibida na pequena vila como se do premio gordo de lotería se tratara e o asunto non é para menos, considerando a máis que probable repercusión económica dunha serie que arrastra o seu paso alén dun numerosísimo equipo de gravación, centos de curiosos e seguidores. Durante os últimos meses, as visitas ó lugar por parte de representantes da produtora foron tan frecuentes como clandestinas, procurando a máxima discreción mentres se valoraba ata o último detalle, por fin esta semana a confirmación transcendeu dende a propia HBO ó publicar un cartaz promocional da próxima tempada a estrear coa imaxe do castelo medieval. Segundo Frank Doelger, produtor da serie, o Castelo de Vimianzo reúne certas características únicas e especiais que atraparon a atención dos guionistas, en especial do escritor George R.R Martin que non daba crédito a existencia dunha fortaleza coa cabeza de lobo como emblema, tal como sucede na súa ficción. A boa mesa que caracteriza a vila, así como a tranquilidade e o bo clima observado estas semanas acabaron por inclinar a balanza a favor desta vila da Costa da Morte que xa traballa para estar a altura das circunstancias sen alterar o bo funcionamento e benestar dos seus habitantes ante o gran despregue agardado. O departamento de turismo municipal que celebra a boa nova xa se adiantou a confirmar que o monumento procurará manter o seu horario de visitas habitual de martes a domingo de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 19:00, aínda que de seguro nos próximos meses a súa afluencia é de esperar que se incremente de xeito notorio.

Fonte

  • Concello de Vimianzo.

Comentarios