O Pleno de Vimianzo debatirá a continuidade do programa de axudas escolares

O Concello de Vimianzo celebrará mañá un pleno extraordinario, ás 10 da mañá, con tres puntos na orde do día todos eles relacionados con modificacións orzamentarias.

Especialmente relevante pola importante demanda social é que se realice a modificación orzamentaria necesaria para poder dar continuidade ao programa de axudas escolares iniciadas no curso 2012-2013. Malia que a intención od goberno municipal era ter aprobada esta modificación antes do inicio escolar, e xa fora levada a pleno anteriormente, urxe neste momento que xa está o curso en marcha aprobar este programa de axudas tan necesarias e demandadas polas familias vimiancesas.

Os outros puntos da orde do día refírense á modificacións de crédito para poder conceder unha subvención nominativa á Asociación de Voluntarios de Protección Civil, que realizan un servizo necesario e moi valorado polos veciños e veciñas, por un lado; e por outro para mellorar o tratamento de datos da xestión da auga que permita ofrecer un mellor e eficaz servizo aos veciños adquirindo un programa de software e hardware.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Vimianzo.