martes. 20.05.2025
El tiempo

Vimianzo fai un esforzo para atender todas as axudas escolares

Vimianzo fai un esforzo para atender todas as axudas escolares
O alcalde de Vimianzo facendo entrega das Axudas escolares

Parece claro que os libros de texto son un gasto moi serio ao que se teñen que enfrontar as familias dende non hai moito. Así o comprobamos unha vez que a gran cantidade de solicitudes recibidas no Concello de Vimianzo para as Axudas Escolares aprobadas o pasado mes de novembro, fixeron que a partida orzamentaria destinada non alcanzase a todas as familias que cumpren os requisitos para beneficiarse das axudas. Unha nova razón para poñernos a remar por un referendum pola reutilización e gratuidade dos libros, como pide a Federación de Anpas da Costa da Morte.

I é que a partida orzamentaria aprobada no Concello de Vimianzo é de 14.000 euros ,destinada á conceder axudas para o curso escolar 2012- 2013 para axudar as familias con menos ingresos económicos. Un total de 147 axudas concedidas que serán ingresadas no día de hoxe, cada neno recibirá 100, 80, ou 60,€ dependendo dos ingresos dos membros da unidade familiar.

Así, e ante a abalancha de peticións, o alcalde de Vimianzo decidiu destinar o importe da súa paga extra de Nadal ás axudas concedidas á aqueles solicitantes que quedaron fóra por falta de crédito. Manuel Antelo entregará hoxe o importe das 20 axudas pendentes no Salón de plenos, cumprindo deste xeito o total das solicitudes que se axustan aos requisitos que se establecían nas bases para seren beneficiarios das axudas.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios