martes. 20.05.2025
El tiempo

Doble pleno fallido en Vimianzo

Doble pleno fallido en Vimianzo
vimianzo-concello-edificio

Esperpénticas algunhas situacións no Concello de Vimianzo, dende a fractura entre o grupo censor e o grupo de goberno. O pasado mércores, os edís que presentaron a fallida moción de censura, presentábanse no salón de Plenos para un pleno que nunca tivo lugar. Segundo aseguraban, o pleno aprazado do luns tiña que levarse a cabo antes de 48 horas, polo que se prantaron no salón de plenos o mércores ás 10:00h.

Non acodiron os edís do grupo de goberno nin o socialista Miñones, polo que o pleno non se celebrou. O goberno vimiancés tiña convocado ese pleno para onte, mércores 25 de setembro, pero desta volta foron os edís non adscritos os que non se presentaron, polo que o pleno de novo non se volveu a efectuar por falta de quorum.

Novo pleno o sábado

Agora, o Concello de Vimianzo convocou o pleno para este sábado 28 de setembro ás 11:00h, nas que tratarán varios asuntos, entre eles os que se tiña pensado prantear no pleno non celebrado.

Entre eles, a toma de posesión do concelleiro do BNG José Trillo Lema, a designación dos festivos locais do 2014, o inicio do expediente de investigación dos camiños do Ribeiro-Pasarela, a modificación de dúas ordenanza dos servizo municipal de axudo no fogar, e o recoñecemento da bonificación do 95% do ICIO. E como punto máis importante, a aprobación da Conta Xeral do 2012, que como nos conta o noso especialista en Economía Municipal Domingo Guerra, é fundamental.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios