As mobilizacións contra a LOMCE volven á Costa da Morte



Despois do exercicio de compromiso coa educación pública de calidade que ten demostrado a comunidade educativa das Baleares, volve a loita á Costa da Morte. Este xoves 24 de outubro, toca "Folga contra a LOMCE", convocada en Carballo e Cee, por absolutamente todo o mundo relacionado co ensino: as Anpas, a Federación de Anpas, o profesorado, o alumnado, pais os sindicatos de ensinantes, a Plataforma Galega ou colectivos en defensa do Ensino Público e os diversos sindicatos de estudantes.
Todos son conscientes de que cada día hai máis apoio social sobre a necesidade de loitar por un ensino público e de calidade, e saben tamén da necesidade de seguir creando conciencia para defender e potenciar o ensino como garantía dunha sociedade máis xusta que loita contra as desigualdades e busca garantir a formación das novas xeracións. O obxectivo, como dixeron outras veces, é claro: "na defensa do Ensino Público loitamos polo futuro das nosas fillas e fillos, das fillas e fillos do noso País".
As datas da mobilización
Así, a folga xeral contra a LOMCE do xoves 24 de outubro, terá os seus núcleos na bisbarra reivindicativos nas Manifestacións de:
- Carballo: praza do Concello, ás 11:30 h.
- Cee: praza 8 de Marzo, ás 11:30 h.
A Fedanpa trouxo a loita á Costa da Morte
Moi positiva foi a recente constitución da federación da Costa da Morte para achegar a loita a unha zona pouco acostumada á loita social. A Fedanpa facilitou "a organización colectiva das anpas de Bergantiños, Soneira e Fisterra, Costa da Morte para seguir pelexando polos dereitos do alumnado, das nosas fillas e fillos, de xeito colectivo e coa suficiente capacidade de auto- organización. Dese xeito, e colaborando con outras federacións de Anpas Galegas, poidamos manter e mellorar un sistema público de ensino axeitado ás necesidades da xente nova do noso País".
Novas relacionadas
- Un peregrinación ata a fin da terra polo ensino público no rural.
- O Camiño, do revés, polo ensino público.
- Música e versos para berrar #NonáLOMCE.
- A comunidade educativa de Fisterra repasou a importancia das ANPAS.
- As Anpas seguen informando das consecuencias da LOMCE en Vimianzo e Fisterra.
- A histórica folga do ensino ao completo chega aos CEIP e roza o 90% de seguemento.
- A comunidade educativa para ao completo contra a LOMCE.
- Novas citas contra a LOMCE en Cee e Vimianzo.
- Peche costeiro contra a reforma e os recortes en educación.
- Bergantiños sae á rúa.
- A Costa da Morte tamén loita contra o copago nos comedores escolares.
- Os pais e nais da Costa da Morte envían unha carta de preocupación ao Conselleiro ante os orzamentos de educación.
- A ANPA do Agra Raíces pide unión da comunidade educativos nos peores momentos do ensino público.
- A bitácora da semana (CCI): A Federación de Anpas da Costa da Morte.
- A Fedanpa convoca unha concentración polo Ensino Público na capital de Bergantiños.
- As ANPAs propoñen un referendum pola reutilización e gratuidade dos libros.
- As Anpas da Costa da Morte propón un programa de reutilización de libros de texto.
- A Federacións de ANPAs da Costa da Morte estréase cunha dura crítica á LOMCE.
- 17-10-12: A mocidade da Costa da Morte tamén se rebela por un ensino público.
- 10-05-12: A folga do ensino déixase notar nos centros da Costa da Morte.
Fonte
- Información, fotos e vídeo da FEDANPA Costa da Morte.