Martes. 19.03.2024
El tiempo

SEA tamén ofrece o sistema de Dereito de Superficie no Polígono de Vimianzo

Poligono empresarial de Vimianzo
SEA tamén ofrece o sistema de Dereito de Superficie no Polígono de Vimianzo

O Poligono de Vimianzo xa ofrece un novedoso sistema de adquisición de parcelas para fomentar a ocupación. Un exemplo témolo en Muros, onde a empresa Trimar se fixo cunha parcela polo sistema de Dereito de Superficie, que tamén está dispoñible nos polígonos xestionados por SEA (empresa semipública estatal) de Cee e Malpica.

Este sistema supón que durante os primeiros cinco anos as empresas pagan cantidades reducidas, a modo de aluguer, polas parcelas. Durante todo este período poden facerse tamén coa parcela en propiedade. Pero, ademais, a partir do quinto ano, poderían optar por seguir neste réxime durante un total de 30 anos, con cantidades que se irían actualizando ano a ano.

No polígono vimiancés ata o momento hai un total de 14 parcelas e hai dispoñibles 150.529 metros cadrados, pois a última operación se formalizó en outubro de 2017.

En Vimianzo, seguindo o aprobado noutros parques, ofértanse as parcelas F6, F7, F8, F9 e F10 de xeito individual e como lote as M1, M2 e M3. En canto ás superficies, as individuais oscilan entre os 1.188 metros cadrados e os 1.196 metros cadrados, con canon base para o primeiro e segundo ano de 1.069 e 1.077 euros. As que se ofertan por lote, de carácter terciario, suman 2.548 metros cadrados e terán un canon inicial de 2.676 euros anuais os dous primeiros anos, que se incrementará a 4.460 os dous seguintes.

Mentres, o Polígono segue agardando a que a Xunta e o goberno se poñan dacordo sobre a quen lle compite facer o enlace ca autovía.

Novas relacionadas

Comentarios