The Rapants, Heredeiros da Crus e Alana, primeiro avance do Festival do Asalto ao Castelo de Vimianzo
- As entradas para a noite do sábado 5 de xullo xa están dispoñibles en asaltoaocastelo.gal.
Vaian reservando a data do 5 de xullo, porque vai ser unha noite especial. A 28ª edición do Asalto ao Castelo de Vimianzo chega con moita forza, gracias a súa máxica representación histórica da revolta irmandiña do século XV, e tamén ao seu festival musiqueiro.
Despois da internacionalización vivida o ano pasado da man de Manu Chao, este ano a Ac. Cherinkas, a AC. Axvalso e o Concello vimiancés (coa colaboraciónd a Deputación) volven á casa e presentan os primeiros nomes que farán bailar a todo o mundo: o grupo de moda en Galicia, os muradáns The Rapants, e unha das bandas máis míticas do rock galaico, que volve a Vimianzo, como son Heredeiros da Crus.
Ademais, completan o primeiro avence as bandas Alana (grupo que, con raíces vimiancesas, xa fixo vibrar ao público na Muiñada), Firkin (banda húngara que xa en conquistado o corazón do Asalto) e Mekanika Rolling Band (a electrocharanga máis divertida do país) son as primeiras bandas que anuncian.
Como novidade, o festival arrincará máis cedo a actividade no Campo da Festa, cun concerto máis,
Este é o primeiro anuncio, pero aínda queda moito por desvelar, especialmente a noite de concertos do venres 4 de xullo. O festival posterior á Cea Medieval si continuará sendo de entrada gratuita.
Entradas xa á venda con desconto de lanzamento
As entradas para a noite do sábado 5 de xullo xa están dispoñibles en asaltoaocastelo.gal, cunha oferta limitada de desconto polo lanzamento.