Vimianzo viviu o seu Asalto máis multitudinario

A 25ª edición do Asalto ao Castelo culminouse cun rotundo éxito de púbilco. Dende ben cedo pola tarde, a captal soneirá viviu unha xornada espectacular. Xa o Asaltiño, a revolta dos miniirmandiños, xa estivo máis chea de nunca, con centos de nen@s enfundados nas súas espadas e escudos.



A batukada dos Rapacollóns ou o metal de Teima amenizaba as ateigadas rúas do centro da vila, mentres na Praza do Concello, a Feira de Artesanía funcionaba a tope ata pasadas as 23:00h. Aínda quedaba tempo para disfrutar dalgún dos últimos Pinchos Irmandiños ou da marabillosa Pizza do Hilton que volvía o sábado a revivir.

Eran ás 22:30 e a zona dos concertos xa estaba a tope para escoitar os himnos, e os mitines, de Sés. A cantante galega maridou corridos mexicanos con cancións tradicionais galegas e moito rock&roll para deleite do entregado público.

Tardou lixeiramente en comezar a obra Vimiançus, que non librou dos pequenos problemas de son que impiden seguir ao cen por cen o fío da representación teatral. O gran distintivo desta Festa de Interese Turístico galego congregou milleiros de persoas, que axudaron a prender os fachos, coller o ariete, e peregrinar ata o Castelo no que é unha das partes máis vistosas de toda festa.



A partir de aí, os que máis apuraron conseguiron espazo no foso do castelo, para disfrutar da entrada co ariete, da batalla de globos de auga, e do cumio da revolta irmandiña, noutra sesión para recordar protagonizada por ese grupo de rapaces e rapazas da vila (formados pola xente de Axvalso e da Cherinkas) que farán posible que esta festa cumpla outros 25 anos.

Novas relacionadas
Máis Asaltos
- ”Asalto 2021”: O lume tomou as terras irmandiñas.
- Decembro 2019: O Asalto tamén vai polo bo camiño para ser declarada Festa de Interese Turístico.
- Asalto 2019: A calor irmandiña invadiu Vimianzo nun exitoso Asalto ao Castelo.
- Asalto 2017: O Asalto rexistrou o maior éxito de público da súa historia.
- Asalto 2016: Os irmandiños volven a Vimianzo.
- Asalto 2015: O XX Asalto ao Castelo 2015, xa no youtube.
- Asalto 2015: A representación teatral reivindica a singularidade dos 20 anos do Asalto ao Castelo.
- Asalto 2013: Asalto ao Castelo, a traca final (en vídeo).
- Asalto 2012: O Asalto definitivo (en vídeo).
- Asalto 2012: A Revolta Irmandiña máis numerosa tomou Vimianzo.
- Asalto 2011: O Asalto 2011 en vídeo.
- Asalto 2011: Os irmandiños volveron recuperar o poder do Castelo de Vimianzo.