Sábado. 04.05.2024
El tiempo

O Asalto toca Terra

VIMIANZO 2 - Asalto ao Castelo 2023
O lume é parte fundamental do Asalto ao Castelo. Foto: Concello
O Asalto toca Terra

Non baixa, case que ao contrario. Segue medrando, trala súa 26ª edición, o Asalto ao Castelo de Vimianzo. Unha das Festas de Interese Turístico da Costa da Morte máis singulares, máis auténticas, que ano tras ano segue ofrecendo novas propostas. Un festa artellada integramente pola veciñanza, polas xentes das asociacións organizadoras Cherinkas e Axvalso, que co apoio municipal leva o nome de Vimianzo por toda Galicia.

A festa xa levaba en marcha durante toda a semana, con tarde-noites nas que xa era complicado atopar sitio para tomar un dos pinchos irmandiños (triunfaron os arietes do Conde de Pan Ignacio ou o facho irmandiño do Risco). O venres tocaba Cea Medieval, xa a cita favorita dos locais dende hai anos. Varios centos de persoas convertiron o foxo do castelo nun comedor ao aire libre e disfrutaron da mítico conxuro de Miguel Queiro, a animación de Cé Orquesta Pantasma e a música de De Vacas e de Monolious Dop, ata que a chuvia obrigou a gardar os instrumentos.

Asaltino Vimianzo 2023
O Asaltiño

A xornada sabatina comezou co divertidísimo Asaltiño. Cada vez máis grande, cada vez hai máis minirmandiños dispostos a gozar desta batalla de auga no foxo do castelo mentres os maiores sen sentido do humor nos enfadamos en todo que nos chiringa… Un evento que cómpre coidar e potenciar, porque é un xeito ideal de trasladarlle a historia das revoltas irmandiñas á cativada.
Entre o público, Martiño Rivas disfrutando das risas dos peques.

Asalto ao Castelo 2023
Manolo Rial arriando as tropas

A xente volvía ao centro da vila, para comprar algo nos postos da Feira de Artesanía, xa toda unha referencia e cada vez máis variada, arredor do Praza do Concello. Mentres Yosi realizaba as súas obras de arte en madeira coa motoserra, comezaban a partir os grupos de música, como os Rapacollóns, ou a animada Batucada das Curandeiras.

E chegaba o momento do pregón e o izado do pregón. Foi Xosé Ameixeiras o que animou ás tropas irmandiñas a sublevarse, xa con todas as parroquias (Baíñas, Treos, Cambeda… mesmo de Cabana ou Camariñas) esperando as ordes de Manolo Rial, un dos grandes armandanzas.

VIMIANZO 3 - Asalto ao Castelo 2023
Ambiente no festival Asalto. Foto: Concello
Asalto Castelo 23-Tanxugueiras 2
As Tanxugueiras-Foto-Rosaura Romo
VIMIANZO 2 _  Concerto Tanxugueiras Asalto 2023
As Tanxugueiras demostraron o seu compromiso coa diversidade.  Foto: Concello

Este ano había novidades na zona dos concertos. O primeiro, o de Tanxugueiras, foi de pago por primeira vez. O feito de ter que comprar entrada e a novidade das pulseiras recargables provocaron as primeiras colas, que rápido se disipaban para escoitar a estas bravas rapazas que mesturan a música tradicional coas novos sons coma ninguén. Fixeron vibrar a todo o público (moito público familiar) cos seus Aire e Terraa, demostrando a súa potencia co feito que Olalla estaba con vértigos, e malia ter que saír do escenario un par de veces, deuno absolutamente todo.

O tempo, sempre inxusto, deixábase notar cun incómodo orballo ás 23:45h, a piques de comezar a representación teatral da revolta, o gran icono desta festa.

VIMIANZO 1 - Asalto ao Castelo 2023
Co ariente Asaltando o Castelo.  Foto: Concello

Xa de madrugada, tras tomar a fortaleza, a marea irmandiña volveu disfrutar da. música, festiva, volvía da man das euscaldunas Huntza, os ourensáns Lamatumbá, que volveron regar de licorcafé a capital soneirá e os Festicultores, que puxeron o fin de festa máis bailongo que se recorda.

VIMIANZO 4 - Asalto ao Castelo 2023
Lumeeeeeeee.  Foto: Concello

MÁIS ASALTOS

Comentarios