Un novo incendio en Vimianzo

16:59 04/07/17

Un novo incendio sofre a esta primeira hora da tarde do martes 4 de xullo a vila de Vimianzo. Dous helicópteros e varios camións de Bombeiros xa traballan arreo na extinción dun incendio que se dá na cara sureste, moi preto do Xeriátrico, poñendo en alerta a varias casas da cara. De feito, o lume comezou moi preto das casas e o fume anegou a vila durante as primeiras horas da tarde, pero o lume foi subindo monte arriba, e segundo a Xunta non hai perigo ningún, e está bastante controlado xa dende as 18:30h.
Pasadas as 21:00h infórmannos que o incendio quedou controlado. A rápida intervención dos medios aéreos e terrestres foi chave.
Novas relacionadas
- 03-07-17: A Garda Civil investiga a dúas persoas polo incendio de San Xoán en Cabana.
- 24-0-6-17: Dous incendios no Castro e Corcoesto “abren” a tempada.
- Alertan da necesaria Deseucaliptización de Galicia.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).