Sábado. 04.07.2020
El tiempo

Veciñ@s polo mundo: “Voltar, voltarei seguro, que a cabra tira ao monte”

Veciñ@s polo mundo: “Voltar, voltarei seguro, que a cabra tira ao monte”
Fatima Calo de Bainas a Frankfurt Fátima Calo, de Baíñas a Frankfurt Seguimos percorrendo mundo, é dicir, a 6ª comarca costeira. E o facemos coñecendo as historias de moitos veciños da Costa da Morte que tiveron que coller as maletas e emigrar. Como imos comprobando, todos o fan por obrigación, por motivos laborais, escapando da nosa crise. Así lle pasa a Fátima Calo, de Baíñas, que nos conta a súa experiencia dende Alemaña. Como case todos, quere voltar, pero parece que adaptar, adáptase ben... Fatima Calo unha vimiancesa xa medio alemana Fátima Calo, unha vimiancesa ben adaptada ás costumes alemanas, coas súas amigas na Festa da Cervexa  
  • QPC: Como te chamas?
Chámome Fátima Calo Pérez.  
  • QPC: De onde es?
Son de Baiñas, Vimianzo  
  • QPC: Onde vives agora?
Actualmente vivo en Frankfurt am Main, Alemaña.  
  • QPC: Por que motivo te trasladaches aí?
Trasladeime aquí pola situación laboral que vive o noso país! Sempre buscaba ofertas de emprego por Londres e por zonas nas que se falase o inglés (porque non sabía nin como se dicía Ola en alemán basicamente… jajajaja) pero vin que pola parte de aquí buscaban moita xente e enviei o curriculum a algunhas e aquí estou.  
  • QPC: Canto tempo fai que te mudaches?
Fixen un curso de alemán en extremadura durante dous meses e medio e viñen para Alemaña en abril do 2014. Fai para o mes dous anos!  
  • QPC: En que traballas?
Son enfermeira.  
  • QPC: Tes morriña? Que é o que máis botas de menos da Costa da Morte?
A morriña lévoa bastante ben, pero teño claro que quero volver a España! Iso si, o que máis boto de menos é falar galego no traballo e sobre todo entender todo o que me din! Boto de menos o mar, a comida e en xeral o estilo de vida que se leva alí (non fai falta decir que tamen extraño a familia e amigos! jajajaja).  
  • QPC: Manteste ao día da actualidade costeira? Como?
Mantéñome ó día a través do Facebook coa vosa páxina e coa Voz de Galicia!  
  • QPC: Cantas veces ao ano viaxas a casa?
Intento viaxar a casa sempre que podo, pero normalmente vou cada tres meses. Desde Frankfurt é fácil porque hai un aeroporto que viaxa directo a Santiago con Ryanair, así que de ter moita morriña podería escapar unha fin de semana “express” se o meu horario mo permitise! jajaja. Fatima Calo en Alemana
  • QPC: Que tal embaixadora es da túa terra? Canta xente tes traído de aí a visita a Costa? A canta lle tes falado dos nosos recunchos?
Algúns alemáns coñecen o Camiño de Santiago e entón é máis fácil falar sobre a Costa da Morte! Pero fotos ensínolles a todo e dígolle que eu vivo alí! Pero como non, todos os alemáns coñecen Mallorca! É a palabra máxica xunto co de "una cerveza por favor”.  
  • QPC: Que diferencias máis grandes atopas entre o teu novo lugar de residencia e a Costa da Morte?
Diferencias? Todas!! jajajajaja. Non é nada comparable! Isto é unha gran cidade, chea de grandes edificios e empresas importantes, é a cidade onde se atopa o Banco Central Europeo. Convivimos aquí todas as nacionalidades do mundo. E a Costa da Morte é máis virxe nese sentido, máis tranquila, sen tanto caos, e sen esquecer a beleza paisaxística que temos!  
  • QPC: Que cousas importaría para a Costa da Morte e que cousas levarías de aquí para aí?
Importaria moitas ideas en canto a traballo. Aquí contamos, por exemplo, co chamado "libro dos desexos" nos que ti pides librar días do mes que che gustaría ter libres por certos motivos, e normalmente esos deseoxs son sagrados, case sempre os cumpren. Pero importaría moi poucas cousas a verdade. Iso si traería para aquí a paisaxe e a forma de ser dos españois! Aquí é xente moi fría na súa maioría.  
  • QPC: Cóntasnos algunhas anécdotas que che aconteceron por aí?
Anécdotas? jajajajaa Moitas! Desde que me pregunten algo e contestar algo totalmente diferente (xa podes imaxinar a cara deles jajajaja) ata confundir dúas palabras alemanas (exemplo: “schinken” é xamón e “schicken” é enviar). Ir a Correos e dicir "quero xamón esta carta" en lugar de "quero enviar esta carta”… Anécdotas hai moitísimas, casi a diario se me descoido, pero sobre todo o principio rimos moito coas cousas que nos pasaban!  
  • QPC: Atopácheste con algún veciño costeiro máis? Xúntaste con galegos ou costeiros habitualmente?
Fixen o curso e víñenme para aquí, entre outros, cun rapaz de Ribeira! E vivo con 5 galegos, así que coma na casa! Temos un grupo de amigos por aquí, todos españois ou portugueses!  
  • QPC: Volverás á túa terra?
Claro que volverei! Isto é moi recomendable como experiencia de vida. Aprendes unha boa lección porque isto non é fácil, pero como se soe decir, a cabra tira o monte! jajajaja Cando exactamente non o sei, pero non descarto que sexa para mediados/finais do ano que vén! Xa serían aquí tres anos e xa empezan a "pesar".  

Veciñ@s polo mundo

Fonte

comentarios