Un vimiancés detido por aceptar maquinaria agrícola robada
12 de abril de 2019 (11:26 h.)
Un vimiancés detido por aceptar maquinaria agrícola robada
A Garda Civil de Arteixo vén de deter a sete individuos no marco da Operación Pancho. Unha operación desenvolta en tres fases, comezando pola detención dun veciño de Arteixo como presunto autor de cinco delitos de roubo con forza, cinco delitos de hurto e dous de estafa, relacionados con diversa maquinaria, ferramentas e casse 2500€ en metálico.
A segunda fase da operación provocaba a detención de dous veciños, tamén de Arteixo, como presuntos coautores. A recuperación de parte do material roubado levou aos axentes á terceira fase, na que detiveron a un veciño de Arteixo, un de Betanzos e outro de Vimianzo, os tres como presuntos autores de delito de receptación de obxectos roubados.
Novas relacionadas
- Operación Somier: Detido o xerente dunha tenda de colchóns de Cee pola estafa de alomenos 28.000€.
- Dous establecimentos de Muxía sofren novos roubos.