Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Vimianzo lembrou a ocupación do Castelo en 1936

Vimianzo lembrou a ocupación do Castelo en 1936
Charla en Vimianzo sobre Memoria Historica Máis de medio cento de persoas déronse cita na tarde do venres na Casa da cultura de Vimianzo para asistir á charla sobre os sucesos ocorridon an vila no ano 1936. O historiador Emilio Grandío contextualizou os sucesos do ano 36 basseándose nos resultados das eleccións en Vimianzo do periodo republicano e nas declaracións recollidas nos Consellos de guerra posteriores. Bernardo Maiz centrouse en explicar os sucesos de expropiación e ocupación do Castelo por parte do Goberno municipal de 1936 tamén ao abeiro das declaracións recollidas nos expedientes posteriores. Das súas explicacións e dos datos tirados dos expedientes, pódese concluír que a toma de posesión do Castelo por parte do Goberno municipal de Vimianzo do no 1936 ocorreu dunha maneira pacífica, limitándose ao izado das bandeiras e ao inventariado dos bens, pechándose a porta con chave ao saír. Pola contra a ocupación do Castelo polos sublevados o día 25 de xullo si que pode ser cualificada de violenta, pois incluso abriron a porta a tiros. Carlos Aimerych analizou dende un punto de vista legal o expediente de expropiación do Castelo. Ao abeiro das explicación do profesor Aimerych puidose comprobar que o Castelo foran expropiado ao abeiro da legalidade e non ocupado nin incautado. Manuel Antelo, alcalde do Concello de Vimianzo, tivo un emocionado recordo para as veciñas e veciños represaliados durante a ditadura e anunciou que o seu goberno está traballando para mudar o nome da rúa principal de Vimianzo, chamada actualmente Blanco Rajoy. Ao final das intervencións houbo un turno no que os asistentes participaron contando algunhas das súas experiencias persoais e familiares.

Fonte

Comentarios