Venres. 19.04.2024
El tiempo

Vimianzo retoma os cursos de poda este febreiro

VIMIANZO_ Cartel cursos poda 2023
Vimianzo retoma os cursos de poda este febreiro
O Concello de Vimianzo volve poñer en marcha talleres de poda gratuítos para ofrecer á veciñanza mellores recursos de cara a coidar as súas árbores ou ter máis coñecementos a nivel profesional.

Nesta ocasión son dúas as formacións que se poñerán en marcha durante os vindeiros sábados. A primeira delas celebrarase os días 28 de xaneiro e 4 de febreiro, mentres que a segunda desenvolverase o 18 e 25 do próximo mes. Ambos os cursos realizaranse en horario de 09:00 a 13.00 horas.

Será imprescindible levar tesoira de poda e as inscricións poderán formalizarse antes do próximo xoves 26 (incluído) no Rexistro Municipal ou chamando ao 981 71 60 01. 

Comentarios