luns. 23.06.2025
El tiempo

Novo accidente mortal en Santa Comba

Novo accidente mortal en Santa Comba

A pouco máis de 24 horas do accidente de Santa Comba no que faleceu un motorista, sobre as 11:20 horas de hoxe rexistrouse outro sinistro mortal no quilómetro 49 da AC-400, na parroquia xalleira de Vilamaior.

Segundo informa o 112, o sinistro produciuse entre un camión e un 4x4. Como resultado do choque faleceu unha persoa, a cal tivo que excarcerada. Outra resultou ferida leve.

No operativo participaron o 061, Garda Civil de Tráfico, Protección Civil de Santa Comba, os bombeiros do parque provincial de Santa Comba e persoal de mantemento de estradas.

Comentarios