A Guía Repsol trae tres novos Soletes para a Costa da Morte

A prestisioxa Guía Repsol vén de dar a coñecer os Soletes deste verán; unha selección de lugares idóneos para desfrutar do verán formada por locais que destacan pola calidade dos seus manxares e polo bo ambiente do local.
En total, máis de 260 chiringuitos en todo o territorio nacional, dos cales 23 deles están na nosa comunidade e tres na nosa bisbarra. Trátase de "Riba da Cheda", en Carnota; "O Moncho Burguer", en Lira - Carnota; e "Saburil", en Muxía. Xunto con eles, na provincia da Coruña están tamén "Do Pincho", en Carral; "Pura Manteca", en Miño; "O Castro" e "Cabeiro Camping Gastrobar", en Porto do Son; "Marte", en Santiago, e "Árnica", na cidade herculina.
A Guía Repsol aposta pola posta en valor da riqueza da cociña que e conta cun equipo de case 60 inspectoras e inspectores, expertos coñecedores da oferta gastronómica da cada rexión.

Máis novas gastro