xoves. 03.07.2025
El tiempo

Volve o Escape Room das Torres do Allo

Volve o Escape Room das Torres do Allo

Foi un dos primeiros da comarca e, ano tras ano, segue a ser un éxito. Así que o Concello de Zas pon unha vez máis en marcha o popular Escape Room das Torres do Allo para dar a coñecer para coñecer a historia e segredos do pazo
máis antigo de Galicia a través deste xogo de escapismo que nesta edición leva por título “As Sombras do Tempo”.

Este ano o primeiro “Pazo Escape” do mundo volve ademais con temática siniestra e con probas renovadas para conseguir fuxir do pazo no menor tempo posible. O Escape Room poderá facerse de luns a sábado, ás 16:00 horas da tarde e entre o 4 de xullo e o 15 de setembro. O tempo asignado para resolver as probas e poder escapar do pazo estará estritamente limitado a 60 minutos.

“As Sombras do Tempo” é unha actividade gratuíta, orientada a público adulto e para participar será preciso facer unha reserva enviando un correo a info@torresdoallo.gal indicando nome da persoa que reserva, número de participantes (entre 2 e 5 persoas, teléfono de contacto, correo electrónico e día da reserva.

A reserva farase efectiva mediante envío dun correo de confirmación por parte da organización das Torres do Allo. Recoméndase traer roupa e calzado axeitado, e se chove paraugas, para moverse polos exteriores do pazo.

Comentarios